ÍTACA, un espazo para gozar En Ítaca queremos ser unha tenda diferente, un lugar onde as persoas que entran na nosa tenda non só sexan clientes, senón que sexan tamén amigos que veñen visitarnos e falarnos das súas inquedanzas. Os nosos 20 anos de historia fannos pensar que o conseguimos, e que cada persoa que entra pola porta forma xa parte do noso grupo de amigos, e que non é imprescindible que nos compre algo, senón que o importante é que se sinta a gusto na nosa compañía e goce do noso local. En Ítaca atoparás unha ampla variedade de artigos moi diferentes, nacionais e internacionais, de calidade e nos que priman a artesanía e os produtos feitos a man: pezas exclusivas, artesanía en prata, bolsos, artigos de decoración, xabóns, candeas, incenso, moble auxiliar, agasallos, antigüidades… Ven ver os nosos produtos, ven gozar da beleza e orixinalidade dos nosos artigos, e se estás á procura algo para ti, ou para un agasallo, cóntanos o que estás a buscar, como é a persoa que vai recibir o agasallo, e asesorarémoste para que leves ese detalle especial que se adapte ao que buscas. Prendas de roupa exclusivas: moda italiana, ibicenca e nacional Mobles auxiliares Agasallo Artesanía en prata Bolsos Bisutería Lámpadas Decoración Candeas, incenso, xabóns… Coxíns, cadros…